domingo, 30 de noviembre de 2014

domingo, 16 de noviembre de 2014

XORNAL



TIRAMISÚ PARA SER PROFESORA HOXE





INGREDIENTES PARA 24 ALUMNOS:

-500 de queixo mascarpone (EXERCICIOS VARIADOS).
-Tres claras (COÑECEMENTOS PREVIOS) e tres xemas (COÑECEMENTOS NOVOS).
-Tres culleradas de azucre (IMAXINACIÓN).
-Corenta biscoitos (MATERIAIS VARIADOS).
-Dúas cunchas de café sen azucre (AUTORIDADE).
-Duas cullaradas de viño doce (PACIENCIA).
-Cacao en polvo (BO HUMOR).

ELABORACIÓN:

-Mesture a AUTORIDADE e a PACIENCIA nun prato fondo empape con elas MATERIAIS VARIADOS (libros en papel e en formato electrónico, dicionarios electrónicos, cadernos, bolígrafos…) para formar a base do postre.
-Separe OS COÑECEMENTOS PREVIOS dos COÑECEMENTOS NOVOS para conseguir una receita completa, nutritiva e agradable para os comensais.
-Monte OS COÑECEMENTOS PREVIOS con decisión a punto de neve.
-Bata os COÑECEMENTOS NOVOS con IMAXINACIÓN ata conseguir que a mestura claree.
-Engada EXERCICIOS VARIADOS e xunte ben ata conseguir unha masa cremosa e consistente.
-Mesture os dous elementos anteriores ata conseguir unha crema doce e homoxénea.
-Vaia alternando os MATERIAIS VARIADOS empapados de AUTORIDADE e PACIENCIA coa crema crema anterior, ata conseguir un pastel.
-Déixeo repousar polo menos durante doce horas.
                -No momento de servir, cubrir cun pouco de BO HUMOR.

BO PROVEITO!!!

Fontes: